- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2024
- Materia
- Libros ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-307-3
- Estado:
- Libro nuevo
- Idioma:
- Gallego
- Páginas:
- 40
CHIBOS CHIBÓNS (BATA)
GONZÁLEZ, OLALLA
Unha edición do coñecido conto clásico europeo adaptado ao sistema SPC
de pictogramas, de fácil lectura, agora tamén en lingua galega.
A colección Makakiños é unha iniciativa de KALANDRAKA en colaboración
coa Asociación Baión de Tratamento do Autismo (BATA) para achegar a
lectura a persoas con necesidades de apoio educativo e facilitar a inclusión
de todas e todos. Son un conxunto de libros de fácil lectura que procuran
unha maior comprensión a nivel escrito e visual a través da linguaxe de
pictogramas SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación), baseado en
debuxos e cores que foi desenvolvido nos Estados Unidos por Roxanna
Mayer-Johnson.
Chibos Chibóns, o coñecido clásico europeo adaptado por Olalla González,
incorpórase á colección Makakiños en lingua galega nunha versión traducida
por Iago Nicolás e adaptada pola asociación BATA. As ilustracións de
Federico Fernández procuran achegarnos a súa versión do conto buscando
a máxima concreción e comprensión da linguaxe plástica.